pontevedraviva.com
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Pontevedra.
Static Web Parser
pontevedraviva.com
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Pontevedra.
Static Web Parser
Viñeta
Autor:Carlos Xerardo Casais
Aínda que o Concello de Sanxenxo cancelou a cabalgata, os Reis Magos recibiron aos nenos no pavillón de Nantes cunha gran festa.
Tamén saíu o autobús cos Magos de Oriente por Vilaboa facendo as delicias dos nenos que esperaban nalgunhas partes do percorrido como en peirao de San Adrián, Santa Cristina, Acuña, Bértola, Figueirido até a carpa instalada en Paredes.
Tamén en Campo Lameiro foi unha xornada moi atarefada para os Reis Magos que non deixaron lugar sen visitar nin carta por recoller.
En Cerdedo-Cotobade a comitiva real saudou a todos os nenos e repartiron centos de caramelos polas parroquias de Sacos, Viascón, Tenorio, Vilanova, Almofrei e Borela.
En Ponte Caldelas adiantaron a visita ao sábado, cun percorrido en todoterreo por todos os lugares e parroquias seguido dunha recepción na carpa da Alameda con chocolate e rosca para os asistentes.
Na capital a choiva respetou á comitiva real que, sobre as seis da tarde, percorreu as rúas: Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena e Praza de España até a Alameda.
A Cabalgata de Caldas de Reis tivo sorprendentes animacións, novo percorrido e tamén subiu aos nenos ás espectaculares carrozas para axudar no seu labor ás súas Maxestades de Oriente.